Así pois, visto o veredicto das urnas, parece claro que debemos reflexionar seriamente sobre o mandatos dos cidadáns. Seguramente cometemos erros importantes que debemos valorar e tomar as mellores decisións para o futuro do PSOE do Porriño. Temos un fantástico equipo que debemos impulsar e apoiar porque unha parte moi importante dos nosos resultados se deberon ó tsunami electoral do PP en toda España. O cal, non é obice para asumir responsabildiades.
Analizando os resultados, podemos comprobar que boa parte do noso afundimento se debeu ó esquecemento das parroquias. Retroceder case 200 votos en Torneiros e case 100 en Budiño, significa que son parroquias nas que nos debemos volcar con máis intensidade. Por suposto, nada achacable ós compañeiros que nos representaban que son fantásticas persoas e moi comprometidas. Doe un pouco que fose precisamente nas mesas onde votaron as persoas que viven a carón do novo colexio Antonio Palacios que eu axudei a conseguir, fose onde maior castigo recibimos, pero as cousas hainas que tomar con filosofía, e seguramente, cometemos erros graves.
Agora toca ilusionarse de novo e non caer no tremendismo. Seguramente, boa parte da nosa caida se deba as cirvunstancias que vivimos. A impronta de paridos como IU nos perxudicou tamén electoralmente e é un feito máis a sumar. Roberto non obstante, é moi bó rapaz, e me da pena que non acadase acta. Pero seguramente no Porriño deberemos facer unha reflexión de fondo sobre o futuro da esquerda e da necesidade de traballar cara a unidade de acción. Estou seguro de que a acadaremos.
Onte escoitaba a Blanco falar do xiro sociolóxico cara o centro dereita da sociedade española e penso que é unha apreciación errada. A sociedade non xira en 8 anos pensularmente, inda que é innegable que a política como a economía, sigue patróns cíclicos e nestas eleccións se vaoraba máis a política nacional que as propostas para dirixir os Concellos. Inda así, teremos moito que analizar a nivel local.
Polo que a min respecta, penso que chegou o momento de deixar paso a xente nova logo de 15 anos de compromiso ininterrumpido ó servizo do PSOE e dar un paso atrás para permitir que agromen novas caras e retomemos a ilusión nun proxecto de futuro. Seguirei traballando na segunda fila por todo aquelo no que creo, e que me levou a afiliarme a este partido ós 18 anos e a traballar por un Porriño mellor. Poderán gañar, pero non me quitarán nunca o amor por este pobo, as veces, tan cruel.
4 comentarios:
Iván, recorda que nos pobos non moi grandes normalmente é votado o candidato e non o partido. Penso que o mellor é un novo capitán para liderar o noso partido.
Iván tienes derecho a tomarte un descanso, pero pienso que en el futuro deberías estar de nuevo en primera fila. La gente está muy desanimada con la crisis y el paro en general, otros como el PP (estos últimos con intención de quedarse con el electorado), le echan la culpa al PSOE, entonces el vuelco ha sido bastante a la derecha. Pienso que la política algunas veces es injusta.
Creo que no has sabido conectar con la gente y que muchos de los que te votamos en 2007 no lo hemos hecho ahora por eso. Además me consta por experiencia personal que eres capaz de cualquier cosa con conseguir lo que quieres. Eso es lícito, pero no el pisarle la cabeza a los demás para hacerlo. Mi voto ya lo perdiste por eso, nada tiene que ver con la crisis. No puedes ser un buen político local si ya piensas en aspiraciones provinciales o regionales. Lo siento, pero no te quiero para Porriño.
un desastre en porriño la política solo se puede definir como un desastre. No ha sabido conectar con la gente y los que intentamos ayudar...de risa. Es normal que nos vaya así en este pais...
david barros
Publicar un comentario en la entrada