Xa sabíamos que o novo goberno entraba polo que entraba: a toma pura e dura do poder sen proxecto alternativo. Pero o que agora queda patente logo da inconcebible democráticamente falando, actitude do alcalde no ultimo pleno, no que levantou a sesión sen tratar o punto de control político ó goberno da oposición, é dicir, as mocións e preguntas, sen fixar unha nova data para tratar estes puntos, nos deixa clara a cultura política desde goberno: cero absoluto.
Uh feito sen precedentes, pois negarse a escoitar o que a oposición ten que dicir, é algo tan escandaloso, que non podemos menos que preguntarnos qué hai que esconder....
O indignante de todo isto, non xa´como voceiro do grupo socialista, é a imposibilidade de tratar temas que preocupan os porriñeses. ¿Cómo pode durmir un alcalde que non quere tratar o problema do Centro de Saude cando nenos e maiores se agostan de calor por falta de aire acondicionado. Este é entre outros, un dos temas mais acuciuantes que o alcalde se negou a tratar. Como se dun pai que abandona á súa sorte a un fillo e se nega a falar del.
Xa sabíiamos que o goberno co recorte dos plenos tiña claro que non quería escoitar á aopñosición, amosando con elo o seu escaso talante democrático, pero agora sabemos ademáis, que fai os plenos interminables para que non se lle poida criticar.
Lembrame o conto do "Rei Espido", onde todos adulaban a un rei que ía espido pensando que levaba o traxe das máis finas telas e tecidos. Unha anécdota que non chega nin a graciosa, porque para ter un pleno cada dous meses onde inda por riba, os temas se levan mal preparados, pois estamos abiados.
Parálise, falta de democraia, desinterese polos problemas veciñais, ....Temos un alcalde que O Porriño non merece, porque pasa de todo e de todos. Iso sí, excepto para subvir impostos ós nosos comerciantes. Algo impensable sendo el o que o proón, e de xeito tan esaxerado, logo de anos por riticar ós que subían o IPC.
Pero asía é a vida. Algo que debemos cambiar canto antes nas eleccións de 2011.
1 comentarios:
Para cambiar primeiro necesitase unha alternativa clara e convincente. Noraboa porque o fin empezamos a atacar o mal de O Porriño.
Publicar un comentario en la entrada