10/08/10

O Porriño Working Papers: Comezamos a preparar o futuro



Hoxe comecei a reunir a documentación e os datos que precisarei para ir retratando os diferentes aspectos sectoriais nos que O Porriño debería, na miña opinión, avanzar nos vindeiros anos.

Pola miña experiencia profesional e académica, teño para min que non hay mellor maneira de ser creativos nas propostas que un partido serio fai, que cando profundiza nos asuntos, os trata con rigor e profesionalidade e os plasma en documentos de traballo. Os famosos working papers, na terminoloxía anglosaxona, non son máis (nin menos), que documentos de traballo, propostas suxeitas a análise e crítica que teñen unha vontade de superación dialéctica (nun sentido case hegeliano) da realidade na que vivimos. Algo máis que un desideratum, os WP son documentos propositivos ben armados de datos e indicadores de xestión que indican camiños de futuro.

Escomecei o meu traballo, no que agardo ter a colaboración de moitos de vos a medida que os vaia colgando, por un dos temas que máis me apaixonan, o Medio Ambiente. Unha aposta decidida polo futuro medioambiental do Porriño, no que debemos avanzar. Seguirán os de política social e sanitaria; economía, emprego e comercio; administración local e modernización administrativa do Concello; Cultura, Deporte e Terceira Idade, infraestructuras e urbanismo; e rematarei con Seguridade Cidadá Políticas de Integración.

Agardo que sexan do voso interese e que sirvan de reflexión para o futuro que nos agarda.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non se trata de "avanzar" senón de "recuperar o perdido" de "porse o dia", eu penso que o primordial e o traballo, é facer que un concello como O Porriño, sexa referencia neste sentido. O tecido industrial teno só falta a colaboración política. O demais despois ben por si só. Porque é a "pescadilla que se morde a cola" sen traballo a xente non ten cartos, sen cartos a xente non pode gastar, e se a xente non gasta as empresas non producen, e se as empresas non producen cerrar, e se cerran o concello non ten movilidide económica, e sen iso o demais sobra. Temos que copiar tecidos industriais como alemaña ou francia, pra súa clase política o primeiro e a empresa e axudanlles en moitos asuntos, e sobre todo os resultados están ahí, os primeiros en sair da crisis e dobrando as espectativas marcadas.Sorte nas próximas eleccións. Porque senón mais caciquismo.

Millán Fernández dijo...

Animo Ivan. Oxala teñas o resultado que te mereces nas eleccións. Con traballo, ilusión e o amor que tes polo Porriño e por Galicia irás adiante!!

Apertas dende Castroverde, Lugo.

David dijo...

Ánimo Iván. Dende logo, o Medio Ambiente é algo moi importante. En Porriño poderíaselle sacar moito partido á combinación río Louro, área ecolóxica de As Gándaras e Camiño de Santiago.

Anónimo dijo...

Desde la desapariciión de Ordóñez no había escuchado algo tan divertido y con unas palabras tan rebuscadas.
Cuidado no sigáis su camino.