A pouco máis de 96 horas para o pleno que se celebrará no Porriño para o debate da moción de censura que cambiará ó Alcalde do Porriño, convén ir establecendo certas reflexións que poidan contribuir, dende o punto de vista do progresismo, a recuperar a ilusión de cara ás vindeiras eleccións de 2011.
A primeira delas é que o novo equipo de goberno, inda non saiu públicamente de xeito conxunto, amosando as súas todavía vivas diferencias internas. Nin unha só explicación conxunta das razóns da moción de censura. Cero.
Ante as críticas cidadás, non foron inda quen de gañar certo gráo de confianza na solvencia do seu equipo e proxecto. Pode ser que o candidato Nelson Santos, agarde ó pleno da moción para soltar toda a súa artillería, pero as veces, a política esixe un exercicio de pedagoxía no referente ó por qué das decisións.
A segunda consideración é de ámbito electoral: ¿Sumarán 9 concelleiros de tres partidos distintos, integrados no PP novamente os mesmos votos para sacar maioría absoluta? Parece francamente complexo. Estou por pensar que voltamos ó escenario previo ás eleccións de 2003: un PP dividido (a pesar da reagrupación) e unha oposición forte.
Visto deste xeito, é u 9-8, unha maioría axustada que ben pode dar a volta a tortilla no 2011.
A terceira consideración é de ámbito político. ¿Cal é a posición do PSOE ante este novo escenario? Sen sen ser eu moi dado ás prediccións ou á política-ficción, parece que a saida do BNG do goberno, poder traerlles consecuenciuas tamén no ámbito electoral.
A bolsa de "queimados" de PP, IdeP e CxP, a que impulsou ó BNG no 1999, e a que os afundiu en 2003, impulsando a IdeP, eses dous concelleiros que sempre soen ser os máis críticos co goberno, seguen ahí.
Elección tras elección, son os que soldan a maioría e os que destrozan partidos. Agora ben, esta bolsa pode variar agora o seu aopio, pois está claro que non son votos nacionalistas nin de dereita, senon que basculan en función de percepcións sobre a xestión do goberno e a percepción da oposición.
¿Apoiarán esta vez a un alclade socialista? Refundida a dereita baixo o PP deixando tirados a moitos dos que apoiaron a Nelson e a Ordóñez, e cun BNG que entrará en fase de reflexión interna tras a derrota electoral, un PSOE sólido e ilusionado, pode perféctamente sumar máis concelleiros e converterse na alternativa máis clara ó goberno do PP.
Algo que sempre foi o seu verdadeiro medo. Un PSOE forte no Porriño.
Velahí o noso camiño e obxectivo. Esa é a nosa ruta. Esa a nosa ilusión.
1 comentarios:
Es llamativo que los lideres de los tres grupos que han presentado la moción no hayan comparecido públicamente de manera conjunta para explicar por qué presentan la moción. Ni siquiera han escenificado su acuerdo en el momento de presentarla en el registro. También llama la atención que el lider de un grupo municipal vaya a abandonar un Concello justo despues de presentar una moción de censura en el mismo.
En cuanto al BNG, todo parece indicar que le conviene hacer un análisis realista y con capacidad de autocrítica si quiere corregir el rumbo que, tras estos dos años y medio, les ha llevado a la oposición. Cuando estén en ella, deben empezar a reconocer que algo se ha tenido que hacer mal, en el seno de la Corporación, para que esta haya decidido que pasen a la oposición.
Por su parte, el Partido dos Socialistas de Galicia afrontará las elecciones de Porriño con una asignatura pendiente: obtener más apoyos en el medio rural. Esa es la gran incógnita de su futuro. Cada vez más ciudadanos perciben que, en los últimos seis años y medio en el Concello, su lider ha demostrado un extraordinario talento para defender con rigor, desde el gobierno local y desde la oposición, sus ideas de modernización. Así se lo reconoció el electorado urbano en 2007. Si demuestra en 2011 que es capaz de ilusionar a un porcentaje significativo del electorado rural, tendrá garantizado el volver a subir en número de concejales.
Publicar un comentario en la entrada